Bos días familias.
Onte chegounos unha postal de Sr. e Sra. unicornios. Nela falarónos do seu verán. Nós estabamos a desexar contarlles o noso verán e contestámoslles con outra postal.
Como nos gustan tanto, decidimos investigar mais sobre eles. Comeza aquí o noso Proxecto dos unicornios.
Hoxe fixemos unha choiva de ideas con "qué queremos saber".
Tamén creamos o noso recuncho e decoramos arcos da vella. Podemos traer de casa para este recuncho contos e información en folio sobre as preguntas da nosa choiva de ideas de unicornios pero, con isto do Covid, non podemos traer xoguetes de unicornio para previr posibles contaxios.
Animádesvos a investigar connosco?
No hay comentarios:
Publicar un comentario