lunes, 29 de abril de 2019

CUMPLE DE AMETS

Esta semana tivemos outra celebración de cumple,  tocoulle a Amets que xa cumpriu 4 anos e celebrámolo con ela cunha rica merenda. 
PARABÉNS AMETS!!

viernes, 26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o Día do Libro e na aula dos unicornios non puidemos deixar pasar unha data coma esta xa que nos encantan os libros e sabemos moi ben o importantes que son para todo, polo tanto ó longo da semana fixemos diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración.

Fomos á biblioteca do centro e alí eliximos cal era o conto que máis nos gustaba, algo un pouco difícil xa que nos custou quedarnos só con un  deles  posto que nos gustaban varios. 
Despois ó longo da semana fomos lendo na "hora do conto" estes títulos favoritos.
Estes son os elixidos:

Outra das actividades desta semana foi o "Padriño lector", unha actividade que se leva facendo varios anos no centro e que lles encanta.
O día 23 os alumnos de diferentes cursos de primaria baixan a infantil a "apadriñar" un neno ou nena e durante  a "Hora de ler" lerlles un conto en diferentes zonas do centro. 
 
Tamén fixemos un sinxelo marcapáxinas para que leven para a casa e poder así marcar os seus libros e contos preferidos.
Como estamos traballando moito coas letras do noso nome, aproveitamos esta actividade para seguir facéndoo, xa que tivemos que buscar as nosas iniciais para elaborar o marcapáxinas:

Despois completamos as letras que nos faltaban, puxémolos un pouquiño bonitos, e así de contentos os levamos para a casa:













lunes, 15 de abril de 2019

CUMPLE DE ANTÍA!

Rematamos o trimestre con outro cumple!!Antía cumpríu 4 anos e celebrámolo como se merece, cunha rica merenda!!PARABENS ANTÍA.

miércoles, 10 de abril de 2019

CUMPLE DE EMMA!!

Esta semana Emma estivo de cumple e para celebrar os seus 4 anos invitounos a un rico biscoito de chocolate!!
PARABENS EMMA e grazas pola merenda!!!


jueves, 4 de abril de 2019

ACTIVIDADES DO CONCELLO

Esta semana desfrutamos de varias actividades organizadas polo Concello de Arteixo. 
A primeira delas foi sobre a Reciclaxe. 
O concello está facendo unha campaña para concienciar ó alumnado e ás súas familias da importancia de reciclar, e sobre o uso dos novos contenedores que se puxeron no pobo.
Estivemos moi atentos e aprendemos moitas cousas importantes.
 A seguinte actividade da semana era de Música. 
Acudimos ó Centro Cívico camiñando e dando un paseo para desfrutar dunha actividade musical, onde nos ensinaron diferentes instrumentos e como soaban.