jueves, 28 de febrero de 2019

COMEZA O ENTROIDO!!

Comezou o Entroido, unha semana de festa e diversión e na aula dos unicornio quixemos disfrutala a tope!!
O pasado venres levamos unha carta do Meco para a casa onde nos indicaba cales eran os "ordes" que tiñamos que cumprir esta semana:
E como debe de ser cumprímolos todos!!

O Luns  chegamos coa cabeza moi decorada, había de todo: gorros, tocados, diademas... 
O Martes vaia tolería, os zapatos viñan todos cambiados:
  

O Mércores a clase encheuse de preciosos colares:
E o Xoves, o que máis nos gustou, todos en pixama!!
Só falta un día para rematar a semana, pero qué tocará o venres? Viaxaremos ata moi lonxe para disfrazarnos....





miércoles, 27 de febrero de 2019

CUMPLE DE PAULA!!!

Esta semana Paula cumpriu 4 anos e celebrouno con nós!!! PARABÉNS Paula e moitas grazas pola rica merenda!!


viernes, 22 de febrero de 2019

CONCERTO DE "SON D' ÁFRICA"

Esta semana tivemos unha actividade especial relacionada co noso proxecto de África e dos Masais, un concerto de música africana!!!!

O grupo "Son d' África" expertos en música africana fíxonos unha visita para que coñecésemos mellor como soa a música de ese país, cales son os seus instrumentos típicos e para ensinarnos un pouquiño máis sobre a vida e cultura africana.

Foi moi divertido, aplaudimos, bailamos e cantamos con eles, e aprendimos un pouquiño máis da vida en África!


miércoles, 20 de febrero de 2019

SEGUIMOS ADIANTE COS MASAIS!!

O proxecto sobre as tribos Masais segue adiante e cada vez aprendemos máis cousas!
As familias seguen enviándonos información e sabemos xa moitas cousas desta tribo e de África en xeral.
Para sentirnos na propia África decidimos decorar a porta da nosa aula como unha casa onde viven os Masais, despois de moito pintar, quedounos moi colorida e moi bonita:

Este foi o resultado da nosa casa africana:

Os Masais constrúen as súas casas usando palla, barro e ata excrementos de animais. Ademais de decorar a porta da nosa aula quixemos facer unhas cabanas máis parecidas ás súas, e usando palillos e plastilina fixemos estas casas:
Estamos encantados con este proxecto, cada vez aprendemos máis cousas e estamos máis motivados!!


miércoles, 13 de febrero de 2019

PROXECTO "OS MASAIS"

Seguimos adiante co noso proxecto sobre as tribus Masais e sobre África e esta semana tivemos outra visita sorpresa!!

Mukanda volveu  a visitarnos e a deixarnos un gran regalo, pero esta vez tampouco conseguimos velo xa que foi moi rápido, a ver si para a seguinte ;)
O regalo era un "djembé" africano, un instrumento de percusión propio de ese continente. Encantounos!!

Estamos moi motivados con este proxecto e gracias ás nosas familias xa empezamos a ter moita información na aula para seguir aprendendo!
 
 
 
             

Cada vez coñecemos máis cousas de África e dos Masais, estanos gustando moito este proxecto  e aprender tanto!!