jueves, 29 de noviembre de 2018

CUMPLE DE ROI

Hoxe Roi estivo de cumple e celebrou con todos os unicornios que xa ten 3 anos!!Trouxo un biscoito riquísimo para merendar todos xuntos, PARABÉNS ROI!!!!

martes, 27 de noviembre de 2018

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de Novembro conmemórase o día contra a violencia de xénero.
É una data tan importante e significativa que non puidemos deixar de tratala na aula dos Unicornios, a pesar de que só temos 3 aniños e aínda non entendemos o que significa ese concepto, creemos que é importante fomentar dende as primeiras idades pensamentos e ideas contra o sexismo, contra a violencia e contra o machismo.

O símbolo que representa ese día tan importante é un lazo de cor morado, e os unicornios fixemos un lazo xigante na aula para mostralo na nosa ventá.



OS UNICORNIOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Tamén fixemos un mural xigante con todos os compañeiros/as de Educación Infantil, estampando as nosas mans de diferentes cores:
   
   

UNIMOS NUESTRAS MANOS CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

FESTA DO MAGOSTO

O pasado venres celebramos no cole a festa do Magosto, foi un día do máis divertido: fixemos xogos no patio, comemos castañas, bailamos con música...

Tiñamos todo preparado para ese día, xa que durante toda a semana decoramos os nosos "castañeiros" que construímos con cartóns de leite.
Primeiro tapamos os cartóns con anacos de papel de periódico que pegamos con una mistura de cola e auga:


Cando estiveron secos decorámolos cunha castaña que pintamos con ceras, e con gomets de cores:



Listos:


 Xa estaba todo preparado para disfrutar do Magosto!



A primeira hora fixemos diferentes xogos no patio, con castañas, millo....
1- Lanzamento de castañas:

2-Carreiras de relevos:


 3- Construccións con carozos de millo e piñas:



4- Debullamos miño e xogamos con él:


Rematados os xogos fomos a levarlle ó profe Beni as castañas para que as asara, xa que é o encargado de esta misión tan importante, e ensinounos onde as asaba e como facía para que saíran tan quentiñas e ricas:

Tivemos que esperar un pouquiño a que se asaran xa que eran moitas as castañas, así que aproveitamos para ir á clase a merendar e coller os nosos "castañeiros".
Cando estaban listas, volvimos a recollelas:


       

 


Que ricas!!Ummmm…