jueves, 18 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Familias chegou o último día de curso, un curso que non imos esquecer en moito tempo, complicado, diferente...
Para min sen dúbida o máis duro ata o momento, rematar sen poder despedirme dos nenos/as, sen darlles un abrazo de despedida e verlles as caras de emoción pola chegada do verán...está sendo difícil.
Quero agradecervos a todos/as a vosa paciencia e dedicación durante estes meses, da noite á mañá convertéstesvos en mestres, e a pesar das dificultades de cada un conseguistes facer da vosa casa unha aula e felicítovos polo ben que o fixéstedes!
Espero que as tarefas e colaboración que vos puiden dar durante este tempo vos fose de axuda, perdoade polos erros cometidos e gracias por valorar sempre o meu traballo.
Desexo que en setembro comece un curso todo o "normal" que se poda, volver a xuntarnos e recordar isto como algo xa moi pasado.

Hoxe non hai tarefas pero sí vos mandamos un documento cunhas orientacións que vos poden ser de utilidade para o verán e tamén unha pequena sorpresa! entrade no documento e teredes un enlace cun vídeo divertido  feito polas profes de 5º de Infantil con moito cariño para todos/as vós!!
Desfrutade das merecidas vacacións!!!

             

Ata setembro Unicornios!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

TAREFAS "ESPECIAIS" DO XOVES 18 DE XUÑO

Bo xoves familias!
Hoxe é o penútimo día de curso, non vos imaxinades a pena que teño de rematar así, sen poder vernos e darlles un abrazo ós unicornios antes das vacacións, pero temos que pensar en positivo e en que xa está ahí o verán, para que desfruten moito que o teñen merecido.
Hoxe toca o último día "temático", temos o día do ARTE!! dúas propostas de pintura diferente que espero que vos animedes a facer.
Mañá é o último día e xa non mandaremos tarefas, nin actividades....pero sí una pequena sorpresiña feita con moito cariño.
Un saúdo!!!

                          

martes, 16 de junio de 2020

TAREFAS "ESPECIAIS" DO MÉRCORES 17 DE XUÑO

Bo día familias!!
O curso xa está case rematado, esta semana sabedes que a estamos convertendo en días temáticos con dúas suxerencias cada día de actividades un pouco diferentes, pois hoxe é o día dos...XOGOS!! Propoñémosvos dous xogos divertidos para facer na casa, un con auga e outro de moita habilidade. Espero que vos gusten e disfrutedes  con eles.
Un saúdo!!
                             

lunes, 15 de junio de 2020

TAREFAS "ESPECIAIS" DO MARTES 16 DE XUÑO

 Bo martes a tod@s!!
 Como vos dixen onte esta semana non faremos as tarefas de sempre, tocan días temáticos para facer a semana un pouco máis entretida xa que é a última.
Hoxe é o día da COCIÑA!!!! Mándovos dúas receitas unha doce e unha salgada para facer cos pequenos chefs!!! Espero que vos gusten!!
Disfrutade do día!
                              

AVISOS IMPORTANTES

- BOLETÍN DE NOTAS
As notas desta avaliación poderán consultarse na aplicación ABALAR ó igual que no trimestre pasado, as familias que o desexen poderán recoller o boletín de notas no centro o próximo luns 22 de xuño en horario de 9:30 a 11:00 horas.



- LIBROS DE TEXTO DO VINDEIRO CURSO

Para o próximo curso, 6ª de Infantil,  precisaremos unicamente o caderno de  matemáticas ABN número 2 (remataremos primeiro o deste curso e seguiremos con este que é a continuación do anterior)


MATEMÁTICAS 2, MÉTODO ABN.   ISBN: 978-84-678-3239-6

Pinchando no seguinte enlace podedes ver todos os libros de texto para todos os cursos:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiparteixo/?q=system/files/LIBROS%20DE%20TEXTO%2020-21_0.pdf 

domingo, 14 de junio de 2020

TAREFAS "ESPECIAIS" DO LUNS 15 DE XUÑO

Bo día familias!!
Comeza a última semana de cole!!! Vaia curso  máis complicado nos tocou vivir, dame moita pena que teña que rematar así pero o curso que ven collerémolo con moitísimas ganas!!!
Esta semana vai a ser diferente, xa non imos  mandar as tarefas de traballos que fixemos ata agora (xa están moi cansos), vai ser unha semana "especial" dentro do que podamos. 
En vez dos traballos faremos unha semana con días "temáticos" nos que vos propoñemos dúas actividades diarias sobre diferentes temas. 
Hoxe luns é o día dos....EXPERIMENTOS!!! Aquí vos deixo dúas propostas de experimentos que podedes facer na casa e que espero que lles gusten ós unicornios. 
Mañá será o día de....non volo digo aínda que é sorpresa!!

                         
Pasade un bo luns e moito ánimo coa semana!

jueves, 11 de junio de 2020

TAREFAS DO VENRES 12 DE XUÑO

Bo venres a tod@s!
Rematamos unha nova semana e xa non queda nada para  final do curso.
Nas tarefas de hoxe propoñémosvos unha receita moi rica e saudable que espero que vos guste xa que axudará a comer verduras dunha forma diferente.
Coma tódolos venres os alumnos de Atención educativa e os de Relixión tamén tenen unha actividade das súas profes.


  
Disfrutade moito da fin de semana, paseade, xogade, correde….e pasadeo en grande!!!!

TAREFAS DO XOVES 11 DE XUÑO

Bo día familias!
Estamos case rematando a semana e o curso.
Supoño que cada vez custará máis que se concentren nas tarefas, é normal. Se non están motivados non os forcedes, a estas alturas o cansancio xa se nota moito.
Estas son as tarefas de hoxe. 
Recordamos un xogo interactivo que xa propuxemos hai tempo e que ó mellor os anima máis para repasar.  Ademáis traballaremos reparticións de elementos e os números do 1 ó 7. No conto propoñemos unha actividade de arte que seguro que tamén lles gusta.

                          
Saúdos a tod@s!!!!

martes, 9 de junio de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 10 DE XUÑO

Bo día a tod@s!!
Espero que estedes levando unha boa semana e que os unicornios estén todos moi ben. Pouco a pouco imos acabando este curso tan diferente e bótaselles moito de menos.
Estas son as tarefas de hoxe mércores. 
Traballaremos os números completando os que faltan, e xogaremos a adiviñar iniciais. Como é mércores tamén temos inglés.

                              
Moito ánimo, saúdos!!

lunes, 8 de junio de 2020

TAREFAS DO MARTES 9 DE XUÑO

Bo martes familias!!
Estes son os traballos de hoxe. 
Repasaremos o trazo dalgunhas vogais, fixádevos sempre en como siguen a dirección co lapis. No xogo de ABN resolveremos pequenos problemas, e na asamblea ademáis das rutinas diarias practicaremos "acrósticos".
 Coma tódolos martes tamén temos actividade de música!!

                           
Espero que pasedes un bo día!!


domingo, 7 de junio de 2020

TAREFAS DO LUNS 8 DE XUÑO


      Bo luns a tod@s!!
Estamos xa a punto de rematar o curso e comezamos a penúltima semana!
Estas son as tarefas de hoxe, pero coma sempre vos digo, e moito máis nestes últimos días, non vos preocupedes se o ritmo de traballo agora é moito menor. Os nen@s están xa moi cansos, sempre nestas datas o están,  e máis nesta situación.
Hoxe faremos unha lectura de vogais e unha actividade para identificar imaxes co seu son. Practicaremos en ABN os números do 10 ó 15 e faremos tamén un xogo divertido de psicomotricidade.


 

Moito ánimo!! Un saúdo!

jueves, 4 de junio de 2020

TAREFAS DO VENRES 5 DE XUÑO

Bo día a tod@s!
Estas son as tarefas do último día da semana.
Hoxe celébrase o día mundial do Medio Ambiente polo que o traballaremos con diferentes actividades: xogos online, un puzzle de números e unha ficha de repaso sobre a reciclaxe (que xa traballamos moito durante o curso). 
No conto de hoxe coñeceremos ó "capitán Verdeman", e como tódolos venres actividades de Relixión e Atención educativa (dependendo do alumnado).

          
Deixovos aquí tamén información sobre os campamentos de conciliación que organiza o Concello por si é do voso interese:

                                          

Disfrutade moito da fin de semana!!

miércoles, 3 de junio de 2020

TAREFAS DO XOVES 4 DE XUÑO

Bo día a tod@s!
Estas son as tarefas de hoxe. 
Traballaremos os números do 10 ó 20,   e propoñémosvos ver unha curta que trata sobre a importancia de estar unidos e traballar en equipo.
Tamén temos un xogo de psicomotricidade.
Moito ánimo que xa queda menos para acabar a semana!!

                                

martes, 2 de junio de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 3 DE XUÑO

Bo mércores familias!!
Nas tarefas de hoxe trataremos o tema do corpo humano: traballaremos as partes do corpo, recordaremos unha canción  sobre o mesmo e un conto. Ademáis como é mércores tamén temos actividades de inglés.
Espero que os unicornios sigan ben e con ánimo de traballar un pouquiño!!
                              
Un saúdo!!

lunes, 1 de junio de 2020

TAREFAS DO MARTES 2 DE XUÑO

Bo día familias!!
Aquí tedes as tarefas do martes. Hoxe repasaremos a vogal "o", recordade como facíamos o trazo no vídeo que mandamos o pasado mércores. Ademáis temos actividades de música e coma sempre de asamblea, de Abn e un conto.
                                   
Espero que sigades todos ben!
Saúdos!!


TAREFAS DO LUNS 1 DE XUÑO

Bo luns a tod@s!!
Comezamos semana e comezamos novo mes, xa o último deste curso tan diferente.
Estas son as tarefas de hoxe, coma sempre con actividades para a asamblea (hoxe engadimos un pequeno "ditado") e actividades numéricas para repasar os números anterior e posterior. Ademáis do conto tamén temos un xogo de psicomotricidade.
Xa levamos tantos días nesta situación que entendo que os nen@s estén xa moi cansos e ó mellor lles custe concentrarse, coma sempre vos digo non vos preocupedes, adaptade estas tarefas ás vosas circunstancias e ó tempo que teñades. É importante que repasen pero tampouco que se agobien.

  
Espero que sigades ben!!