martes, 21 de mayo de 2019

REGALO DO DÍA DA FAMILIA

O 15 de maio celébrase o Día da familia e  quixemos preparar un pequeno regalo para agradecerlles ás nosas familias todo o que nos coidan e recordarlles o moito que os queremos.
Elaboramos unhas bolsas moi bonitas para que podamos ir á compra xuntos, mirade como as fixemos e o ben que nos quedaron:


lunes, 20 de mayo de 2019

CUMPLE DE MARTINA

O pasado mércores Martina celebrou o seu cumple con nós, trouxo un rico biscoito para merendar todos xuntos e celebrar os seus 4 anos. PARABÉNS Martina!!

miércoles, 15 de mayo de 2019

A MIÑA FAMILIA VEN Ó COLE

Como se acerca o día da familia, no cole quixemos facer unha actividade na que as familias dos nosos nenos/as participasen na aula e puidesen pasar un ratiño con nós dentro dela.

Os familiares que podían vir elexiron a actividade que eles quixeron para realizar cos nenos/as e foi unha experiencia estupenda!
Aquí vos deixo un pequeno resumo de como foron estas semanas de visitas familiares:

A NAI DE TEO: veu a contarnos o conto "A eiruga glotona", e trouxonos un debuxo da protagonista para que pintáramos:


A NAI DE EMMA: ensinounos diferentes animais e clasificámolos segundo o medio no que viven.

A NAI DE ROI SIXTO: leunos o conto de "Cocorico" e igual que fai mamá Galiña,  ensinounos a facer un biscoito que despois merendamos.

O PAI DE MATEO: contounos un conto que nos encanta porque nos rimos moito con el "A toupiña quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"
Que risa co sombreiro de caca igual que a toupiña…e ademáis traía unha caixiña con sorpresas!!

A NAI DE LARA: leunos un conto sobre a familia do Ratonciño Pérez e trouxonos uns debuxos para colorear a toda a familia Pérez.

A NAI DE ROI LÓPEZ: contounos un conto do elefante "Elmer" e despois cada un coloreou un Elmer co que fixemos uns colares preciosos.
 

A NAI DE MARTINA: veu a contarnos o conto de "Carapuchiña vermella" e ademáis de disfrazarse e facernos bailar moito, merendamos fresas da merenda da avoa.
 A experiencia foi estupenda, os unicornios disfrutaron moito vendo as suas familias no cole e eu creo que as familias gozaron aínda máis! Grazas pola participación!!!





martes, 14 de mayo de 2019

CUMPLE DE TEO

Seguimos de celebracións!! agora é Teo o que xa ten 4 anos e con esta rica merenda celebramos con el este día tan especial. PARABENS TEO!!