miércoles, 27 de marzo de 2019

VISITA DA POLICÍA

Dentro das actividades que organiza o Concello de Arteixo desfrutamos dunha visita que nos encantou, veu a vernos a policía!

A primeira hora unha das policías locais de Arteixo veu á nosa aula a contarnos cousas moi interesantes sobre educación vial, ensinarnos  un conto e explicarnos como debemos de comportarnos se hai unha emerxencia ou si se acercan a nós descoñecidos.
Despois do recreo seguiron as actividades e nesta ocasión fixemos un circuíto coas nosas motos do patio para aprender a respectar as normas de tráfico. Foi moi divertido!!
Nestes vídeos podedes ver o ben que conducimos!!
Ademais do circuíto tamén nos encantou ver un coche de policía de verdade!! Ensináronnos como era por dentro, como soaba a sirena e vimos tamén varios materiais que usan os policías como esposas, porras, sinais luminosas...
Convertémonos en policías de verdade, mirade que guapos!!


Unha actividade xenial!!!


lunes, 18 de marzo de 2019

CUMPLE DE AITANA

Hoxe celebramos o cumple de Aitana!! Xa ten 4 anos e invitounos a un rico biscoito para merendar! PARABENS Aitana!!

miércoles, 13 de marzo de 2019

SAÍDA Ó ACUARIO!!

Hoxe tivemos a nosa primeira "excursión de verdade", hoxe fomos en bus ata A Coruña para visitar a Casa dos Peixes!!
Estabamos moi emocionados, e levábamos moitos días preguntando cando chegaba o momento, e por fin  chegou!!
Mirade que contentos saímos do cole:
Todos preparados no autobús!!
E chegamos, xa estamos no Acuario!!

 Aquí vos deixo un pequeno vídeo do ben que o pasamos e de todo o que vimos alí!!

Foi un día moi divertido, e aínda que chegamos un pouco cansados mereceu a pena!!


lunes, 11 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

O Día 8 de marzo conmemorouse o día internacional da Muller, unha data  fundamental que na clase dos unicornios non quixemos pasar por alto.
Desexamos un mundo onde todos e todas sexamos iguais e non haxa ningunha diferencias por culpa do xénero.

Sexamos bombeiros/as ...
Sexamos cociñeiros/as...
Sexamos albaneis...
Sexamos futbolistas...

Os unicornios queremos un mundo en igualdade!!



martes, 5 de marzo de 2019

VENRES DE ENTROIDO

Chegamos ó día grande do Entroido no cole, e xa que estamos tan motivados co noso proxecto sobre os Masais, a temática non podía ser outra: vestímonos de Masais africanos!!

Estivemos varios días preparando todos os complementos:
Fixemos pulseiras e  colares grandes parecidos ós que levan eles, e pintámolos con moito coidado:
  
 Pero tamén fixemos outros colares máis longos, xa que os Masais levan moitos diferentes e todos moi coloridos. Estes fixémoslos usando macarróns que pintamos dunha forma moi curiosa que nos encantou!! Meténdoos en bolsas con pintura e movéndoos con moito ritmo!

Este foi o resultado, agora a facelos colares:
Os disfraces xa estaban listos, agora só queda lucilos así de ben, mirade que Masais tan guapos!!!
Chegou o día do desfile, estábamos un pouco nerviosos pero emocionados por poder ensinar os nosos disfraces! 
O bo día acompañounos en Arteixo así que saímos a desfilar polo pobo acompañados de todo o cole:
   
   

Despois de un bonito paseo chegamos ó anfiteatro de Arteixo onde todos os cursos do cole cantaron e bailaron diferentes danzas tribais:


Foi unha mañá moi diferente e pasámolo xenial, pero despois de tanto paseo  o que máis nos apetecía era unha rica merenda de Entroido!!