lunes, 25 de noviembre de 2019

TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe é 25 de novembro,  unha data na que conmemoramos o "Día contra a violencia de xénero".
Dende a clase dos unicornios tratamos con especial importancia este tema, xa que é fundamental que os pensamentos dos máis pequenos vaian orientados ó respecto, á igualdade e  á non violencia.
Traballamos este tema dende fai días con varias actividades:

Repasamos a nosa man en cartulina de cor violeta e recortámola para facer un vídeo sobre este día xunto con todas as aulas do colexio, o cal podedes ver nun enlace dende a páxina web do centro.
 

Traballamos tamén unha ficha co lema: "coas miñas mans podo..." onde estampamos as nosas mans moradas e entre todos pensamos que cousas podíamos facer coas nosas mans que non implicasen a violencia. Xurdiron un montón de ideas, este é un exemplo:
 
 
 
 

Aproveitando este traballo; na nosa aula tamén fixemos un pequeno vídeo para este día no que cada neno/a nos contou para que queren usar as súas mans, posto que temos claro que non as queremos usar para pegar a ninguén:

Dende a clase dos unicornios temos claro que a violencia non é a solución e alto e claro dicimos NON!!!!


lunes, 18 de noviembre de 2019

MAGOSTO

Este venres celebramos a festa do Magosto no cole!!
Unha semana antes preparámonos para estar listos á hora de comer as castañas e fixemos estes castañeiros pegando papeis de cores e decorándoos moi bonitos:
Xa con todo listo chegou o momento de desfrutar da festa!!
Cando chegamos levamos as castañas ó noso "cociñeiro" Beni para que as asara, e ensinounos como o facía:

Agora chegou o momento de desfrutar dos xogos do Magosto!!
Primeiro fixemos construción con carozos:

Despois xogamos ó "Comecastañas" onde tiramos as castañas intentando encestar nas caixas:

O seguinte xogo era máis movido, carreiras de relevos con coroas de castañas:

O último dos xogos foi o de debullar o millo, algo que nos encanta e que fai que nos relaxemos moito:

Despois de tantos xogos, xa chegou o momento de probar as castañas, así que co noso castañeiro posto no pescozo fomos a buscalas ben quentiñas:
   
A comer!!!!

Foi un día moi divertido e pasámolo xenial, que viva o Magosto!!