viernes, 25 de septiembre de 2020

SERES MITOLÓXICOS

Bos días familias!

 Nesta nova semana decoramos as nosas xanelas cos arcos da vella.                              

Identificamos cantas letras e sílabas tiña o nome de unicornio.


                

Descubrimos que os unicornios son seres mitológicos de cor branca, cun corno na fronte e un chibo no queixo.


                   

Traballamos unha lenda sobre o seu corno máxico e a súa forma.



  

E creamos carteis identificativos dos equipos da nosa clase para o corredor.

Ademais lemos contos e información dos unicornios que nos chega desde os fogares, polo que estamos moi contentos de que queirades investigar connosco. 

 

Por outra banda, tamén empezamos a traballar o outono axudados do conto do artista Alexander Calder e os seus móbiles.







Agora a nosa aula está chea de fermosos cores que reflexan os móbiles.




viernes, 18 de septiembre de 2020

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Bos días familias.

Onte chegounos unha postal de Sr. e Sra. unicornios. Nela falarónos do seu verán. Nós estabamos a desexar contarlles o noso verán e contestámoslles con outra postal.




Como nos gustan tanto, decidimos investigar mais sobre eles. Comeza aquí o noso Proxecto dos unicornios. 

Hoxe fixemos unha  choiva de ideas con "qué queremos saber".

                                                   

Tamén creamos o noso recuncho e decoramos arcos da vella. Podemos traer de casa para este recuncho contos e información en folio sobre as preguntas da nosa choiva de ideas de unicornios pero, con isto do  Covid, non podemos traer xoguetes de unicornio para previr posibles  contaxios.

               

                                                 

                                                  

                                                 

Animádesvos a investigar connosco?