jueves, 18 de junio de 2020

FIN DE CURSO

Familias chegou o último día de curso, un curso que non imos esquecer en moito tempo, complicado, diferente...
Para min sen dúbida o máis duro ata o momento, rematar sen poder despedirme dos nenos/as, sen darlles un abrazo de despedida e verlles as caras de emoción pola chegada do verán...está sendo difícil.
Quero agradecervos a todos/as a vosa paciencia e dedicación durante estes meses, da noite á mañá convertéstesvos en mestres, e a pesar das dificultades de cada un conseguistes facer da vosa casa unha aula e felicítovos polo ben que o fixéstedes!
Espero que as tarefas e colaboración que vos puiden dar durante este tempo vos fose de axuda, perdoade polos erros cometidos e gracias por valorar sempre o meu traballo.
Desexo que en setembro comece un curso todo o "normal" que se poda, volver a xuntarnos e recordar isto como algo xa moi pasado.

Hoxe non hai tarefas pero sí vos mandamos un documento cunhas orientacións que vos poden ser de utilidade para o verán e tamén unha pequena sorpresa! entrade no documento e teredes un enlace cun vídeo divertido  feito polas profes de 5º de Infantil con moito cariño para todos/as vós!!
Desfrutade das merecidas vacacións!!!

             

Ata setembro Unicornios!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario