miércoles, 19 de junio de 2019

CONTACONTOS

Onte puidemos desfrutar de un contacontos moi divertido. Priscila Maximino, a autora do conto "La historia de Lambari" veu ó cole a contarnos o seu conto e a facernos actividades moi divertidas!!


Foi moi divertido, encantounos o conto e bailamos moito con Priscila!!!

domingo, 16 de junio de 2019

SAÍDA FIN DE CURSO Ó VENTOSO!!

O curso está xa rematando e non podíamos acabalo sen facer a nosa saída de fin de curso. Este ano fomos á granxa do Ventoso e pasámolo xenial!!! Vimos diferentes animais, montamos a cabalo, fixemos pan, coñecemos plantas...e merendamos e comemos fóra da casa que tamén é toda unha aventura.
Aquí vai un pequeno resumo de ese día!!
Marchamos do cole moi ilusionados e con ganas de chegar canto antes, as nosas caras dino todo:
 Ó chegar os monitores fixeron varios grupos e tivemos que separarnos un pouco e mesturarnos cos nosos compañeiros/as da clase dos Pegasos e dos Trolls pero non nos importou, todo o contrario xa que desfrutamos moito con eles.
E comezaron as actividades!!
Coñecemos os cabalos da granxa e peitemolos e démoslles de comer:
 Pero non só peiteamos o cabalo senón que tamén nos convertemos en xinetes e montamos nel!! como nos gustou!!

Outra das actividades era un taller para facer pan, amasamos moito e manchámonos tamén un pouco coa fariña pero mereceu a pena porque ó final o noso boliño quedou ben rico!!
 
 
Tamén vimos o invernadoiro, coñecemos plantas, e vimos diferentes animais da granxa:
Con tantas actividades necesitábamos repoñer forzas e estabamos desexando que chegara a hora de comer:
 Pasamos un día xenial!! aínda que acabamos cansados mereceu a pena!!