jueves, 28 de mayo de 2020

TAREFAS DO VENRES 29 DE MAIO

Bo venres e tod@s!!
Hoxe rematamos a semana e facémolo coas tarefas diarias.
Practicaremos a agrupación de elementos na actividade de ABN, repasaremos unha nova canción na asamblea, e prepararemos un xogo de figuras xeométricas co que podedes divertirvos o finde. Tamén temos novas actividades de Atención educativa e Relixión.

                            
Desfrutade da fin de semana!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

TAREFAS DO XOVES 28 DE MAIO

Bo xoves a tod@s!!
Hoxe propoñémosvos, ademáis das actividades de asemblea e o conto, e elaboración dun xogo co que practicar os números, só precisades uns cartóns de papel hixiénico ou de cociña e a tapa dunha caixa de cartón, espero que vos guste. 
Tamén unha actividade de psicomotricidade que lles vai a gustar.

                            

Tamén vos deixo un aviso sobre a recollida de material no colexio.


Este luns 1 de xuño entre as 10:30 e as 11:00 horas as familias que o desexedes podedes vir a buscar o material que temos na aula (traballos do segundo trimestre e as gorras).
Esta entrega realizarase pola porta de fóra da aula, e por motivos de seguridade e saúde só pode vir unha persoa por familia.
Grazas!!
Espero que sigades ben!!


martes, 26 de mayo de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 27 DE MAIO

Bo día a tod@s
Nas tarefas de hoxe presentámosvos un vídeo do trazo da vogal "o" que é a última que nos faltaba para ver as 5 vogais este curso.
 Fixádevos no trazo que vos mostramos para seguir a mesma direccionalidade e que lles sexa máis fácil ós nen@s.

Para ir identificando esa nova vogal unha das actividades de hoxe é cubrir a mesma con diferentes materiais (papéis, algodón, botón...). Traballaremos tamén a actividade ABN, o conto e  como é mércores temos "clase" de inglés!!

                              

TAREFAS DO MARTES 26 DE MAIO

Bo día a tod@s!!
Estas son as tarefas do martes. Hoxe na asemblea practicaremos trabalínguas a ver se somos capaces de repetilos correctamente, descompoñeremos números na actividade de Abn e practicaremos o número 7, e como todos os martes temos clase de música!!!
Pasade bon día!!
                               

domingo, 24 de mayo de 2020

TAREFAS DO LUNS 25 DE MAIO

Bo luns a tod@s!!!
Comezamos xa a décima semana nesta situación!!! que longo se nos está facendo, pero imos a coller este luns con moito ánimo!!Aquí vos deixo as actividades que podedes facer hoxe. Practicaremos as figuras xeométricas, as vogais que vimos ata o momento e unhas adiviñas divertidas, ademáis de actividades de psicomotricidade.
Espero que sigades ben e moito ánimo!!

                                  

viernes, 22 de mayo de 2020

TAREFAS VENRES 22 DE MAIO

Bo día a tod@s!! 
Xa chegou o venres e en nada comeza a fin de semana, aquí vos deixo as tarefas de hoxe.
Repasaremos a través dunha canción o nome e características dalgúns animais, e ademáis diso faremos unha receita!! Propoñémosvos un batido de froitas para que traballen as cantidades e o concepto de metade, pero xa sabedes que é un exemplo, podedes facer outro tipo de batido usando outras froitas ou incluso a receita doutro prato, o importante é que manipulen, conten...
Tamén un sinxelo xogo de números co que podedes xogar durante o finde!

                               

Bo finde familias!!!


jueves, 21 de mayo de 2020

TAREFAS DO XOVES 21 DE MAIO

Bo xoves a tod@s!!!
Estos son os traballos de hoxe.
Xa hai tempo que fixemos a actividade de prantar lentellas e  supoño que á maioría lle naceron sen problema, pois hoxe imos a repasar o proceso de nacemento das prantas, e os coidados que éstas precisan para vivir!!
Se alguén non fixo esa actividade de prantar e vos apetece facela agora ou repetila está nas tarefas do martes 21 de abril, só precisades un vaso, algodón, un pouco de auga e lentellas.
                          

Hoxe tamén vos quero propoñer outra actividade por se vos apetece participar:
Agora xa  podemos saír á rúa aínda que sexa un pouquiño, pero hai moitos nenos/as que non poden por estar no hospital. A proposta é a de mandarlle debuxos con frases de ánimo aos nenos/as  ingresados no Hospital Materno Infantil de A Coruña.
Podedes axudarlles e incluso animar a outros nenos/as da vosa familia.  Logo enviade a foto do traballiño co voso neno/a  ao seguinte correo:   


Os debuxos que enviedes serán colgados na galería virtual da Aula do Hospital Materno Infantil de A Coruña: 
https://www.aescolaenpijama.com/
Os irmáns maiores tamén poden  animarse e mandar o seu debuxo.

Animádevos!!

martes, 19 de mayo de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 20 DE MAIO

Bo día a tod@s!!
Nas tarefas de hoxe (ademáis da asemblea e xogo ABN) repasaremos un pouco lectoescritura, lendo e escribindo vogais que coñecemos. Fixádevos ben en que fagan correctamente o trazo e a unión das letras, a poder ser sin separar o lapis ata que acaben de escribir as dúas vogais. Se vedes que lles custa un pouco e precisan axuda non pasa nada, cada un ten o seu ritmo e o importante neste proceso é adaptarse a el.
                            
Moito ánimo!!!


lunes, 18 de mayo de 2020

TAREFAS DO MARTES 19 DE MAIO

Bo martes a tod@s!!
Nas tarefas de hoxe, ademáis dos exercicios de asemblea e ABN, practicaremos o número 7. Aínda que xa o recoñecían perfectamente, pois temos moi traballados os números ata o 10, aínda non traballáramos moito a grafía polo tanto hoxe faremos unha fichiña para repasalo!
Tamén temos un traballiño de música para concentrarnos moito!!
 







TAREFAS DO LUNS 18 DE MAIO

Bo día a tod@s!!
Comezamos unha nova semana (xa van moitas e sei que se fai un pouco longo) pero collerémola con ganas!!
Aquí vos deixo as tarefas de hoxe:
                              

Recordade que as tarefas deben adaptarse ás circunstancias de cada familia. Despois de tantos días é normal que ás veces os nen@s estén con poucas ganas, non pasa nada si non facedes sempre todas as actividades, o importante é manter unha rutina e repasar conceptos para que non se olviden pero sempre adaptando os traballos ó momento no que se encontre o nen@.

Outra cousa importante sobre o día de hoxe é que se celebra o Día Internacional dos Museos.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes  visitar virtualmente diferentes museos de Galicia:


https://museos.xunta.gal/es/visitas-3d-museos


Tamén o museo de Belas Artes da Coruña o celebra con diferentes actividades en liña durante o día de hoxe, premede na imaxe:







jueves, 14 de mayo de 2020

TAREFAS DO VENRES 15 DE MAIO

Bo día a tod@s!
Estas son as últimas tarefas da semana de hoxe.
Este domingo celébrase o Día das Letras Galegas e as actividades de hoxe xiran en torno a esta festividade.
Este ano adícase a Ricardo Carvalho Calero, coñeceremos un pouco máis a este autor e a súa obra.
                             >

Tamén quero comentarvos que o Seminario Galán elabora tódolos anos material sobre as Letras Galegas, aquí vos deixo o enlace das actividades Lim que crearon e coas que podedes xogar :

http://seminariogalan.org/inicio/ver/461
http://seminariogalan.org/inicio/ver/461

Recoméndovos tamén que si podedes entredes no blog de música da profe Charo de Primaria, alí están colgando vídeos de alumnos tocando diferentes instrumentros e tamén colgará traballos plásticos sobre pintores galegos. Nas Letras Galegas tamén farán actividades interesantes. Este é o enlace:



https://petiscosmusicais.blogspot.com/

Bo finde a tod@s!!!

miércoles, 13 de mayo de 2020

TAREFAS DO XOVES 14 DE MAIO

   Bo xoves a to@s!
Hoxe temos unhas actividades un pouco especiais. 
Mañá día 15 celébrase o Día da Familia e como sabedes no cole sempre facemos algo diferente (un regalo, visita de familiares...).  Este ano debido ás circunstancias non pode ser así, polo tanto  propoñémosvos unha pequena manualidade para "regalar" á nosa familia e unhas actividades relacionadas con esa temática.
Esperamos que vos guste!
                             

TAREFAS DO MÉRCORES 13 DE MAIO

       Bo día a tod@s!!              
Estas son as tarefas de hoxe. Practicaremos un pouco de Abn e lectoescritura, e como todos os mércores clase de inglés!
Recordade que as debedes adapatar ó voso tempo e circunstancias!!
Un saúdo!!         
                               

martes, 12 de mayo de 2020

TAREFAS MARTES 12 DE MAIO


Bo martes a tod@s!!
Deixo aquí as actividades para hoxe.
Recordade que os martes temos clase de música, ademáis de un pouquiño de ABN e unha actividade de matemáticas!!
Moito ánimo!!
                                

domingo, 10 de mayo de 2020

TAREFAS LUNS 11 DE MAIO

          Bo día a tod@s!!
Comezamos unha nova semana, xa son moitas nesta situación, pero imos  a collela con ganas!
Aquí vos deixo as tarefas de hoxe.
Os luns recordade que, ademáis doutras actividades, toca moverse un pouco cuns exercicios de psicomotricidade!!
                                 

viernes, 8 de mayo de 2020

TAREFAS DO VENRES 8 DE MAIO

Bo día a tod@s!!
Estas son as tarefas de hoxe venres.
Ademáis das actividades habituais, coma a asemblea, o conto ou os  xogos de Abn, hoxe temos un xogo divertido que podedes practicar en familia.
Como é venres tamén toca clase de Atención educativa/Relixión.
Desfrutade do finde!
                                

jueves, 7 de mayo de 2020

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE SOBRE OS NOVOS PRAZOS DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS/AS PARA O VINDEIRO CURSO:


TAREFAS DO XOVES 7 DE MAIO

Bo xoves a tod@s!!
Nas tarefas de hoxe ademáis da asemblea, o xogo abn e o conto, temos unha actividade de grafomotricidade practicando a letra "a", estade atentos á direccionalidade do trazo desa vogal para que a fagan correctamente!
Como é xoves temos tamén xogos de psicomotricidade para movernos un pouquiño!!
                                

miércoles, 6 de mayo de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 6 DE MAIO

Bo día a tod@s!!
Aquí tedes as tarefas de hoxe!
Traballaremos unha actividade para fomentar a creatividade, e como é mércores toca clase de inglés!
                              

martes, 5 de mayo de 2020

TAREFAS DO MARTES 5 DE MAIO

                              Bo día a tod@s!!
Despois destes días de descanso, voltamos coas tarefas do martes!
                             
Hoxe temos un pouco de lectura para repasar as vogais, seguimos xogando e repasando co método ABN e hoxe toca clase de música!!
Moito ánimo!!