viernes, 7 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e non violencia e por suposto tanto na clase dos Unicornios coma en todo o colexio celebramos este día tan importante e especial.
A pesar de que todos os días do ano temos que ter a paz e a non violencia presentes, o xoves fixémolo dunha forma diferente.

Todo o alumnado de Infantil acudiu ó cole vestidos de vermello e os de Primaria de branco, coa intención de facer a figura dun corazón de Paz entre todos.
Nós estábamos moi preparados para ese momento co noso colgante da Paz:

Era un pouco difícil facer a figura con tanto alumnado pero ó final quedou moi ben o noso corazón!!
Así colocados cantamos todos xuntos unha canción de paz, este ano fixémolo en inglés: "I've got peace in my fingers"
Todos xuntos pola Paz!!


martes, 4 de febrero de 2020

CONCERTO DE PABLO DÍAZ

Despois de varias anulacións por culpa do mal tempo, por fin poidemos desfrutar do concerto de Pablo Díaz que tanto desexábamos!!!
Aproveitamos que non chovía e fomos dando un paseiño ata o Centro Cívico de Arteixo:
Xa chegamos!! Listos para cantar moito!


Comeza o concerto, a bailar!!

Pasámolo moi ben, bailamos e cantamos moito,  foi un día moi divertido!