martes, 31 de marzo de 2020

TAREFAS DO MARTES 31 DE MARZO

Estas son as tarefas de hoxe!!
Recordade sempre que estas actividades son unha axuda se queredes traballar un pouco na casa con eles/as pero que as podedes adaptar ás vosas necesidades tomándoas como un exemplo!
Moito ánimo:
                                 

lunes, 30 de marzo de 2020

TAREFAS DO LUNS 30 DE MARZO

Comezamos unha nova semana, e seguimos con esta situación tan complicada, pero temos que seguir adiante.
Deixovos as actividades que podedes traballar hoxe:
  

Moito ánimo!!!

viernes, 27 de marzo de 2020

TAREFAS DO VENRES 27 DE MARZO

Sigo mandando propostas de traballo que podedes facer na casa, sempre dentro dos vosos medios. Tamén podedes tomalas como exemplo para facer outras actividades similares.

                               

Xa queda menos!! Moito ánimo familias!

jueves, 26 de marzo de 2020

TAREFAS XOVES 26 DE MARZO

Bo día!! Seguindo a liña das publicacións pasadas, hoxe mándovos traballiños que podedes facer hoxe si vos apetece!

                                      

Moito ánimo!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

TAREFAS DO MÉRCORES 25 DE MARZO

Estas son as tarefas de hoxe, espero que vos sexan útiles!!

                               

Moito ánimo!!

martes, 24 de marzo de 2020

TAREFAS DO MARTES 24 DE MARZO

Xa queda un día menos!!!! e para que pasedes o martes máis entretidos aquí vos deixo as tarefas de hoxe!!

                                
Moito ánimo unicornios!!!

lunes, 23 de marzo de 2020

TAREFAS DO LUNS 23 DE MARZO

Bo día familia!! Seguimos na casiña esperando que pasen pronto estos días, polo tanto mándovos as tarefas que podedes facer hoxe cos unicornios!
                                 

miércoles, 18 de marzo de 2020

TAREFAS DA SEMANA

A pesar de xa mandarvos as tarefas para estos días por correo electrónico de modo diario, tamén as vou a colgar por aquí por si para alguén é máis cómodo:

TAREFAS PARA MARTES

TAREFAS PARA MÉRCORES:
Recórdovos igual que vos dixen por correo que son tarefas voluntarias, e nunca serán avaliables, soamente son ideas que podedes usar para que estos días.


TAREFAS PARA A "PONTE"
Mándovos este enlace de un vídeo moi interesante con tarefas divertidas para estos días:

Espero que levedes estos días o mellor posible!!

lunes, 16 de marzo de 2020

PAUTAS DIDÁCTICAS PARA TRABALLAR OS DÍAS SEN CLASE

Como todos/as sabedes dende este luns os centros educativos permanecerán pechados ata novo aviso debido á pandemia do virus COVID-19.

Dende a Aula dos Unicornios somos conscientes de que é unha situación complicada estar tantos días sen clase así que as mestras do nivel de 4 anos queremos facervos chegar unhas pautas didácticas para traballar cos nenos/as durante estos días.
Aínda que esta información xa foi enviada ás familias por correo electrónico, tamén as quero publicar aquí para que vos chegue por varios medios.

                               

jueves, 12 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemorouse o Día Internacional da Muller e na clase dos Unicornios tamén nos sumamos a esta conmemoración xa que nos parece fundamental fomentar a igualdade e a importacia que ten a muller na sociedade.
Para iso traballamos este ano o papel das nosas "supermulleres". 
Cada alumno/a elixíu unha muller importante na sua vida , escribimos porqué motivo a considera unha supermuller e despois debuxámola.
Mirade cales son as nosas Supermulleres:




martes, 10 de marzo de 2020

CONTACONTOS

Esta semana visitamos a biblioteca de Arteixo xa que nos convidaron a ver un contacontos moi divertido.
Estabamos con moitas ganas:
 Alí contáronnos varios contos que nos encantaron!!

Pasámolo xenial!! O ano que ven queremos volver!!

CUMPLE DE PAULA

A semana pasada Paula celebrou con nós o seu cumple. Merendamos biscoito e celebramos todos xuntos os seus 5 anos. PARABÉNS PAULA!

domingo, 1 de marzo de 2020

O ENTROIDO DOS UNICORNIOS

A pasada semana celebramos o Entroido no cole! Foi unha semana moi intensa, chea de disfraces e festa!
Comezamos  a semana seguindo os "mandadiños" do Meco que nos mandaba traer algún complemento no corpo cada día da semana. 

O luns chegamos todos con algo na cabeza:
 O martes con algo no pescozo:
O mércores con zapatos diferentes:
 E o xoves, o día que máis nos gustou, viñemos ó cole en pixama!
O venres xa se acabaron os "mandados" do Meco e chegou o día da festa do Entroido!!
Este ano a temática dos disfraces do Ceip de Arteixo era "O MAR" e todo o nivel de 4 anos vestímonos de cangrexos.
Traballamos moito para elaborar os nosos disfraces pero mereceu a pena o esforzo:

   

Por fin os cangrexos estaban listos! Mirade que guapos:
Aproveitamos que estaba un día estupendo para salir a desfilar polas rúas de Arteixo:
Foi unha semana moi divertida e pasámolo xenial!!