martes, 22 de diciembre de 2020

CHEGOU O NADAL!!!

 Este ano evidentemente non podemos celebrar o Nadal como en cursos pasados, pero iso non nos quita as ganas e a ilusión, e a clase dos Unicornios está disposta a desfrutar a tope!!

Comezamos a celebración coa visita do Paxe Real que veu ó noso cole para recoller as cartas nas que pedimos os regalos que máis nos gustan:








Despois desta visita tan emocionante celebramos o comezo das vacacións e a chegada do Nadal cunha rica chocolata!!!
A Anpa convidounos a merendar chocolate con churros para despedir o trimestre da forma máis doce:











Pero non todo foi comer, tamén bailamos moito e divertímonos gravando esta panxoliña "marchosa" de Nadal con todos os nosos amigos/as de Infantil!! 
Esperamos que vos guste o vídeo:


E despedimos a celebración do Nadal cunha felicitación conxunta de todo o Ceip de Arteixo, desexándovos unhas felices festas e recordando que aínda que os tempos están sendo difíciles, nunca temos que perder a ilusión:

A clase dos Unicornios deséxavos Felices Festas!!!!!


PREPARANDO O NADAL

 Despois dun comezo de curso complicado e dun ano máis complicado aínda por fin se acerca o Nadal e os Unicornios temos ganas e ilusión de celebralo o mellor que podamos!

Comezamos preparando unha bonita estreliña de Nadal que levaremos para decorar as nosas casas e regalárlles ás nosas familias:






Así de bonitas nos quedaron:



Estas estrelas levarémolas para a casa o último día de cole xunto cos traballos do trimestre e para iso elaboramos estas divertidas bolsas de reno onde meteremos todo o material.











viernes, 18 de diciembre de 2020

PROGRAMACIÓN DE NADAL

 Aquí vos deixo a programación dos últimos días de clase antes das vacacións de Nadal:



TRABALLANDO ACTIVIDADES MANIPULATIVAS

 Cada día os equipos da aula traballan diferentes actividades manipulativas que van rotando ó longo da semana.

Aquí vos deixo un exemplo de un día desta semana na que traballaron cada unha delas.

Actividade de Arte: pintamos e creamos unha obra de arte con acuarelas.

Actividade de Lóxica- matemática: elaboramos diferentes figuras con paus de cores seguindo un modelo.


Actividade de Letras e Lectoescritura: traballamos palabras en minúsculas usando letras magnéticas:

Actividade de Motricidade Fina: xogamos  con pinchiños libremente.


Actividade de Robótica e xogos manipulativos: foi a novidade de esta semana. Coñecemos ó noso novo amigo"Super Doc", un robot co que traballamos lateralidade, direccións e nocións espacio temporais:





domingo, 6 de diciembre de 2020

EXPOSICIÓN DAS MÁSCARAS SOLIDARIAS

A partir deste fin de semana xa están expostas nos comercios de Arteixo as "Máscaras solidarias" que elaboramos  na aula colaborando coa iniciativa do Concello para a recollida de alimentos.


As máscaras da nosa clase están en "General Óptica Arteixo".

A mecánica é a mesma que outros anos coas postais, para recollelas debedes entregar algún alimento para doar ó Banco de alimentos Rías Altas.

Recordade que estas máscaras son simbólicas, non levan os procesos de desinfección nin homologación adecuados son soamente decorativas.

Deixovos o listado onde están todas as máscaras do noso centro:



DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Este xoves día 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das persoas con discapacidade e traballámolo na aula con diferentes actividades. 

Partimos do conto  "O cazo de Lorenzo" para tratar este tema e a través del falamos da importancia da integración e inclusión das persoas con algún tipo de discapacidade. 

Tamén pintamos unhas pegatinas sobre este día, que despois cada neno/a pegou nalgunha parte do seu corpo.







Con todo o que aprendimos fixemos uns debuxos nos que cada un/unha plasmou o falado durante este día e a súa forma de interpretalo: