viernes, 25 de septiembre de 2020

SERES MITOLÓXICOS

Bos días familias!

 Nesta nova semana decoramos as nosas xanelas cos arcos da vella.                              

Identificamos cantas letras e sílabas tiña o nome de unicornio.


                

Descubrimos que os unicornios son seres mitológicos de cor branca, cun corno na fronte e un chibo no queixo.


                   

Traballamos unha lenda sobre o seu corno máxico e a súa forma.



  

E creamos carteis identificativos dos equipos da nosa clase para o corredor.

Ademais lemos contos e información dos unicornios que nos chega desde os fogares, polo que estamos moi contentos de que queirades investigar connosco. 

 

Por outra banda, tamén empezamos a traballar o outono axudados do conto do artista Alexander Calder e os seus móbiles.







Agora a nosa aula está chea de fermosos cores que reflexan os móbiles.




No hay comentarios:

Publicar un comentario