martes, 2 de julio de 2019

FIN DE CURSO

Rematamos o noso primeiro ano na escola!! a verdade é que pasou voando, e sen darnos conta chegamos a finais de xuño e damos por rematado o curso 2018/2019.
O unicornios desfrutamos moito de este ano escolar, e aínda que precisamos uns cantos días de vacacións para descansar un pouco,  pronto estaremos desexando volver.
O último día de cole, como non pode ser de outra forma, fixemos unha gran festa! Houbo música, xogos populares, maquillaxe, xeados… pasámolo en grande!!
Aquí vai un pequeno resumo de ese día!
Comezamos a mañá xogando na aula, con música e globos!
Tamén tivemos tempo de poñernos guapos con tatuaxes e maquillaxe:


Agora que estamos listos, chegou o momento de ir a xogar! Por todo o patio puidemos xogar a diferentes xogos populares que eran moi divertidos:
Despois de tanto xogo merecíamos un descanso, así que fomos a comprar un rico xeado para merendar.
Cada neno pagou o xeado e elixiu o sabor que máis lle gustaba:
Nótase que estaban riquísimos!!
   
 Pero non só había xeados, había tamén moita máis merendola!!

 Foi una mañá chea de diversión, e un final perfecto para un curso estupendo.
Dende aquí os unicornios despedímonos ata setembro!!!