lunes, 8 de febrero de 2021

LUNS 8 DE FEBREIRO

Bo día a todos/as!

Hoxe foi un día de presentacións. Para iso, comezamos facendo un xogo de adiviñas para saber cal era o nome da profe que substitúe a Belén. Despois de que dixeran as súas propostas, fomos eliminando posibilidades a través das pistas aportadas (letra inicial e final, número de sílabas e letras...) e cando soamente nos quedaban dúas posibilidades realizouse unha votación. Finalmente gañou o verdadeiro nome: Laura. 

Continuamos coa asemblea, practicando co método ABN e a lectoescritura. 

Para seguir coñecéndonos mellor, realizouse unha actividade plástica e lingüística onde debuxaron, decoraron e falaron sobre as súas amizades. Aquí vedes unha mostra: 




Á volta do recreo, despois dun día de tantas novas, fixemos uns exercicios de respiración e relaxación e lemos o conto do Coelliño Branco que lles encantou.
Podedes ver estas actividades nos seguintes enlaces:


Para rematar a xornada, retomamos as presentacións e fixemos un xogo de palabras buscando unha que comezase coa inicial do nome e que nos aportase información sobre nós. A maioría dixeron os seus animais favoritos!



lunes, 1 de febrero de 2021

TRABALLAMOS DENDE A CASA. LUNS 1 DE FEBREIRO

 Bo día a todos/as!

Estas son as tarefas de hoxe, nas que traballaremos coma sempre a asemblea, e tamén o enlace para facer diferentes xogos de ABN practicando reparto, recta numérica...

Ademáis faremos unha ficha sobre a lateralidade diferenciando dereita e esquerda e outra dun puzzle de inverno no que ademáis de recortado practicamos a serie numérica do 11 ó 20.

 A asemblea e os xogos ABN poden facerse no ordenador, tablet ou móvil de forma interactiva. E as fichas podedes tomalas como exemplo e facer vós unhas parecidas. Para facer o puzzle podedes usar calquera debuxo ó que lle debuxades as liñas e os números.

   

viernes, 29 de enero de 2021

TRABALLAMOS DENDE A CASA. VENRES 29 DE XANEIRO

Bo día familias!!
Hoxe conmemoramos o Día escolar da non violencia e a Paz, e as tarefas de hoxe tenen que ver todas con esta temática xa que é un día moi importante que temos que destacar e traballar en profundidade.

Coma tódolos venres temos clase de inglés e a profe Tere deixounos o enlace ó seu blogue para realizar alí as actividades que preparou.
E nós, ademáis da asemblea de tódolos días, faremos unha "receita de paz" e elaboraremos un colgante moi bonito.
Aquí vos deixo o documento con tódolos enlaces:

   
Aquí vos deixo tamén un recordo da conmemoración do Día da Paz do curso pasado, cando nos podíamos xuntar, abrazar...esperemos que pronto se poda repetir.




jueves, 28 de enero de 2021

TRABALLAMOS DENDE A CASA. XOVES 28 DE XANEIRO

 Bo día a todos/as!!

Estas son as tarefas para traballar hoxe xoves.

Coma tódolos días comezamos coas rutinas da asemblea, hoxe introducimos nela a serie numérica ata o 20 e a lectura de palabras.

Despois faremos un traballo de lóxica-matemática para traballar cantidades e outro de lectoescritura sobre a letra "t".

Ademáis do conto, como hoxe é xoves temos unha actividade de Atención Educativa que nos manda a profe Patri.

  

miércoles, 27 de enero de 2021

TRABALLAMOS DENDE A CASA. MÉRCORES 27 DE XANEIRO

 Bo día familias!

Espero que estedes todos/as ben e que pronto nos podamos ver.

Aquí vos deixo as tarefas de hoxe mércores.

Coma sempre comezaremos o traballo coas rutinas da asemblea tal e como facíamos na aula. No enlace que vos adxunto podedes facela de forma interactiva.

A continuación traballaremos actividades de matemáticas a través do método ABN , tanto de reparto de cantidades como de coñecemento da recta numérica.

Realizaremos unha ficha de lectoescritura para seguir repasando as letras minúsculas que vimos na clase. E remataremos a xornada co conto do día e unha actividade sobre o Día da Paz, que xa está moi cerquiña.

  

martes, 26 de enero de 2021

TRABALLAMOS DENDE A CASA. MARTES 26 DE XANEIRO

 Bo día a todos!

Aquí vos deixo as tarefas de hoxe. 

Hoxe coma tódolos días faremos a asemblea de forma interactiva, e tamén traballaremos a lóxica matemática e a lectoescritura. Como é martes e temos clase de psicomotricidade, o profe Quique déixanos tamén unhas actividades para non parar de movernos!

  

TRABALLAMOS DENDE A CASA. LUNS 25 DE XANEIRO.

 Bo día familias!! 

Como xa sabedes tócanos estar uns días na casa coidándonos moito e como xa fixemos o curso pasado durante o confinamento seguiremos traballando dende alí.

Aquí vos irei deixando as tarefas para seguir traballando estes días.

Estas son as tarefas de hoxe luns 25 de xaneiro.

Hoxe traballaremos a asemblea como tódolos días na aula, farémolo de forma interactiva a través do enlace que aparece no documento.

Tamén realizaremos varios exercicios de ABN, sobre reparto, conteo e conceptos como "dobre" e metade".

Faremos unha ficha repasando a recta numérica e elaboraremos un Tangram co que crearemos animais.