domingo, 14 de junio de 2020

TAREFAS "ESPECIAIS" DO LUNS 15 DE XUÑO

Bo día familias!!
Comeza a última semana de cole!!! Vaia curso  máis complicado nos tocou vivir, dame moita pena que teña que rematar así pero o curso que ven collerémolo con moitísimas ganas!!!
Esta semana vai a ser diferente, xa non imos  mandar as tarefas de traballos que fixemos ata agora (xa están moi cansos), vai ser unha semana "especial" dentro do que podamos. 
En vez dos traballos faremos unha semana con días "temáticos" nos que vos propoñemos dúas actividades diarias sobre diferentes temas. 
Hoxe luns é o día dos....EXPERIMENTOS!!! Aquí vos deixo dúas propostas de experimentos que podedes facer na casa e que espero que lles gusten ós unicornios. 
Mañá será o día de....non volo digo aínda que é sorpresa!!

                         
Pasade un bo luns e moito ánimo coa semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario