Bo día a tod@s!
Nas tarefas de hoxe presentámosvos un vídeo do trazo da vogal "o" que é a última que nos faltaba para ver as 5 vogais este curso.
Fixádevos no trazo que vos mostramos para seguir a mesma direccionalidade e que lles sexa máis fácil ós nen@s.
Para ir identificando esa nova vogal unha das actividades de hoxe é cubrir a mesma con diferentes materiais (papéis, algodón, botón...). Traballaremos tamén a actividade ABN, o conto e como é mércores temos "clase" de inglés!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario