jueves, 21 de mayo de 2020

TAREFAS DO XOVES 21 DE MAIO

Bo xoves a tod@s!!!
Estos son os traballos de hoxe.
Xa hai tempo que fixemos a actividade de prantar lentellas e  supoño que á maioría lle naceron sen problema, pois hoxe imos a repasar o proceso de nacemento das prantas, e os coidados que éstas precisan para vivir!!
Se alguén non fixo esa actividade de prantar e vos apetece facela agora ou repetila está nas tarefas do martes 21 de abril, só precisades un vaso, algodón, un pouco de auga e lentellas.
                          

Hoxe tamén vos quero propoñer outra actividade por se vos apetece participar:
Agora xa  podemos saír á rúa aínda que sexa un pouquiño, pero hai moitos nenos/as que non poden por estar no hospital. A proposta é a de mandarlle debuxos con frases de ánimo aos nenos/as  ingresados no Hospital Materno Infantil de A Coruña.
Podedes axudarlles e incluso animar a outros nenos/as da vosa familia.  Logo enviade a foto do traballiño co voso neno/a  ao seguinte correo:   


Os debuxos que enviedes serán colgados na galería virtual da Aula do Hospital Materno Infantil de A Coruña: 
https://www.aescolaenpijama.com/
Os irmáns maiores tamén poden  animarse e mandar o seu debuxo.

Animádevos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario