domingo, 1 de marzo de 2020

O ENTROIDO DOS UNICORNIOS

A pasada semana celebramos o Entroido no cole! Foi unha semana moi intensa, chea de disfraces e festa!
Comezamos  a semana seguindo os "mandadiños" do Meco que nos mandaba traer algún complemento no corpo cada día da semana. 

O luns chegamos todos con algo na cabeza:
 O martes con algo no pescozo:
O mércores con zapatos diferentes:
 E o xoves, o día que máis nos gustou, viñemos ó cole en pixama!
O venres xa se acabaron os "mandados" do Meco e chegou o día da festa do Entroido!!
Este ano a temática dos disfraces do Ceip de Arteixo era "O MAR" e todo o nivel de 4 anos vestímonos de cangrexos.
Traballamos moito para elaborar os nosos disfraces pero mereceu a pena o esforzo:

   

Por fin os cangrexos estaban listos! Mirade que guapos:
Aproveitamos que estaba un día estupendo para salir a desfilar polas rúas de Arteixo:
Foi unha semana moi divertida e pasámolo xenial!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario