viernes, 7 de febrero de 2020

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro conmemórase o Día da Paz e non violencia e por suposto tanto na clase dos Unicornios coma en todo o colexio celebramos este día tan importante e especial.
A pesar de que todos os días do ano temos que ter a paz e a non violencia presentes, o xoves fixémolo dunha forma diferente.

Todo o alumnado de Infantil acudiu ó cole vestidos de vermello e os de Primaria de branco, coa intención de facer a figura dun corazón de Paz entre todos.
Nós estábamos moi preparados para ese momento co noso colgante da Paz:

Era un pouco difícil facer a figura con tanto alumnado pero ó final quedou moi ben o noso corazón!!
Así colocados cantamos todos xuntos unha canción de paz, este ano fixémolo en inglés: "I've got peace in my fingers"
Todos xuntos pola Paz!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario