jueves, 4 de abril de 2019

ACTIVIDADES DO CONCELLO

Esta semana desfrutamos de varias actividades organizadas polo Concello de Arteixo. 
A primeira delas foi sobre a Reciclaxe. 
O concello está facendo unha campaña para concienciar ó alumnado e ás súas familias da importancia de reciclar, e sobre o uso dos novos contenedores que se puxeron no pobo.
Estivemos moi atentos e aprendemos moitas cousas importantes.
 A seguinte actividade da semana era de Música. 
Acudimos ó Centro Cívico camiñando e dando un paseo para desfrutar dunha actividade musical, onde nos ensinaron diferentes instrumentos e como soaban.



No hay comentarios:

Publicar un comentario