miércoles, 27 de marzo de 2019

VISITA DA POLICÍA

Dentro das actividades que organiza o Concello de Arteixo desfrutamos dunha visita que nos encantou, veu a vernos a policía!

A primeira hora unha das policías locais de Arteixo veu á nosa aula a contarnos cousas moi interesantes sobre educación vial, ensinarnos  un conto e explicarnos como debemos de comportarnos se hai unha emerxencia ou si se acercan a nós descoñecidos.
Despois do recreo seguiron as actividades e nesta ocasión fixemos un circuíto coas nosas motos do patio para aprender a respectar as normas de tráfico. Foi moi divertido!!
Nestes vídeos podedes ver o ben que conducimos!!
Ademais do circuíto tamén nos encantou ver un coche de policía de verdade!! Ensináronnos como era por dentro, como soaba a sirena e vimos tamén varios materiais que usan os policías como esposas, porras, sinais luminosas...
Convertémonos en policías de verdade, mirade que guapos!!


Unha actividade xenial!!!


2 comentarios:

  1. Es genial poder ver todo lo que aprenden y lo bien que se lo pasan. Gracias Belen!

    ResponderEliminar
  2. Es genial poder ver todo lo que aprenden y lo bien que se lo pasan. Gracias Belen!

    ResponderEliminar