viernes, 26 de abril de 2019

SEMANA DO LIBRO

O 23 de abril conmemórase o Día do Libro e na aula dos unicornios non puidemos deixar pasar unha data coma esta xa que nos encantan os libros e sabemos moi ben o importantes que son para todo, polo tanto ó longo da semana fixemos diferentes actividades relacionadas con esta conmemoración.

Fomos á biblioteca do centro e alí eliximos cal era o conto que máis nos gustaba, algo un pouco difícil xa que nos custou quedarnos só con un  deles  posto que nos gustaban varios. 
Despois ó longo da semana fomos lendo na "hora do conto" estes títulos favoritos.
Estes son os elixidos:

Outra das actividades desta semana foi o "Padriño lector", unha actividade que se leva facendo varios anos no centro e que lles encanta.
O día 23 os alumnos de diferentes cursos de primaria baixan a infantil a "apadriñar" un neno ou nena e durante  a "Hora de ler" lerlles un conto en diferentes zonas do centro. 
 
Tamén fixemos un sinxelo marcapáxinas para que leven para a casa e poder así marcar os seus libros e contos preferidos.
Como estamos traballando moito coas letras do noso nome, aproveitamos esta actividade para seguir facéndoo, xa que tivemos que buscar as nosas iniciais para elaborar o marcapáxinas:

Despois completamos as letras que nos faltaban, puxémolos un pouquiño bonitos, e así de contentos os levamos para a casa:













No hay comentarios:

Publicar un comentario