martes, 5 de marzo de 2019

VENRES DE ENTROIDO

Chegamos ó día grande do Entroido no cole, e xa que estamos tan motivados co noso proxecto sobre os Masais, a temática non podía ser outra: vestímonos de Masais africanos!!

Estivemos varios días preparando todos os complementos:
Fixemos pulseiras e  colares grandes parecidos ós que levan eles, e pintámolos con moito coidado:
  
 Pero tamén fixemos outros colares máis longos, xa que os Masais levan moitos diferentes e todos moi coloridos. Estes fixémoslos usando macarróns que pintamos dunha forma moi curiosa que nos encantou!! Meténdoos en bolsas con pintura e movéndoos con moito ritmo!

Este foi o resultado, agora a facelos colares:
Os disfraces xa estaban listos, agora só queda lucilos así de ben, mirade que Masais tan guapos!!!
Chegou o día do desfile, estábamos un pouco nerviosos pero emocionados por poder ensinar os nosos disfraces! 
O bo día acompañounos en Arteixo así que saímos a desfilar polo pobo acompañados de todo o cole:
   
   

Despois de un bonito paseo chegamos ó anfiteatro de Arteixo onde todos os cursos do cole cantaron e bailaron diferentes danzas tribais:


Foi unha mañá moi diferente e pasámolo xenial, pero despois de tanto paseo  o que máis nos apetecía era unha rica merenda de Entroido!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario