jueves, 28 de febrero de 2019

COMEZA O ENTROIDO!!

Comezou o Entroido, unha semana de festa e diversión e na aula dos unicornio quixemos disfrutala a tope!!
O pasado venres levamos unha carta do Meco para a casa onde nos indicaba cales eran os "ordes" que tiñamos que cumprir esta semana:
E como debe de ser cumprímolos todos!!

O Luns  chegamos coa cabeza moi decorada, había de todo: gorros, tocados, diademas... 
O Martes vaia tolería, os zapatos viñan todos cambiados:
  

O Mércores a clase encheuse de preciosos colares:
E o Xoves, o que máis nos gustou, todos en pixama!!
Só falta un día para rematar a semana, pero qué tocará o venres? Viaxaremos ata moi lonxe para disfrazarnos....





No hay comentarios:

Publicar un comentario