miércoles, 20 de febrero de 2019

SEGUIMOS ADIANTE COS MASAIS!!

O proxecto sobre as tribos Masais segue adiante e cada vez aprendemos máis cousas!
As familias seguen enviándonos información e sabemos xa moitas cousas desta tribo e de África en xeral.
Para sentirnos na propia África decidimos decorar a porta da nosa aula como unha casa onde viven os Masais, despois de moito pintar, quedounos moi colorida e moi bonita:

Este foi o resultado da nosa casa africana:

Os Masais constrúen as súas casas usando palla, barro e ata excrementos de animais. Ademais de decorar a porta da nosa aula quixemos facer unhas cabanas máis parecidas ás súas, e usando palillos e plastilina fixemos estas casas:
Estamos encantados con este proxecto, cada vez aprendemos máis cousas e estamos máis motivados!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario