lunes, 8 de febrero de 2021

LUNS 8 DE FEBREIRO

Bo día a todos/as!

Hoxe foi un día de presentacións. Para iso, comezamos facendo un xogo de adiviñas para saber cal era o nome da profe que substitúe a Belén. Despois de que dixeran as súas propostas, fomos eliminando posibilidades a través das pistas aportadas (letra inicial e final, número de sílabas e letras...) e cando soamente nos quedaban dúas posibilidades realizouse unha votación. Finalmente gañou o verdadeiro nome: Laura. 

Continuamos coa asemblea, practicando co método ABN e a lectoescritura. 

Para seguir coñecéndonos mellor, realizouse unha actividade plástica e lingüística onde debuxaron, decoraron e falaron sobre as súas amizades. Aquí vedes unha mostra: 




Á volta do recreo, despois dun día de tantas novas, fixemos uns exercicios de respiración e relaxación e lemos o conto do Coelliño Branco que lles encantou.
Podedes ver estas actividades nos seguintes enlaces:


Para rematar a xornada, retomamos as presentacións e fixemos un xogo de palabras buscando unha que comezase coa inicial do nome e que nos aportase información sobre nós. A maioría dixeron os seus animais favoritos!



No hay comentarios:

Publicar un comentario