sábado, 14 de diciembre de 2019

COMEZAMOS O PROXECTO

Ó longo deste curso todo o colexio vai a traballar un proxecto común  relacionado coa reciclaxe e a contaminación de plásticos no noso contorno, por suposto na nosa aula estamos moi implicados neste proxecto e xa levamos un tempo traballando sobre o mesmo.

Como punto inicial do proxecto e como actividade de motivación aconteceu algo sorprendente na aula dos unicornios. Un día á volta do recreo atopamos a nosa clase así:
Mirade a reacción dos nenos/as cando viron o desastre:
Despois de varias teorías sobre o que puido pasar, chegamos á conclusión que tivo que ser o "vento" o que tirase toda o lixo polo chan. Falamos polo tanto da importancia de que o noso contorno esté limpo, de non tirar o lixo en calquera lado e que podíamos facer para axudar a que estas cousas non pasen evitando imaxes coma esta que tanto sorprenderon ós nosos/as unicornios:

Comezamos  a concienciarnos sobre a reciclaxe e sobre os desastres da contaminación para o noso planeta. 
Decidimos entón  dar pequenos pasos para axudar a coidar o medio ambiente, o primeiro deles a reciclaxe na aula.
Colocamos varios cubos de lixo para reciclar o papel, o plástico e os residuos orgánicos, e estamos moi concienciados con este tema:
Ademais do reciclaxe na aula, estamos intentando crear hábitos tamén dende a casa, potenciando que as botellas de auga que se traian para beber no cole sexan  reutilizables, e que nas merendas de dous días á semana (luns  e mércores) se eviten os envases de plásticos.
Esperamos que as familias colaboredes todo o que podades en este proxecto xa que é fundamental crear hábitos dende a infancia sobre o coidado do medio ambiente e o uso abusivo dos plásticos.



1 comentario: