viernes, 21 de diciembre de 2018

CHEGOU O NADAL!!!

Xa chegaron as vacacións de Nadal!!! E para celebralo, os nenos/as de Infantil do Ceip de Arteixo fixemos unha gran festa onde non faltou de nada: bailes, música, desexos de Nadal, unha rica merenda…
Con moito esforzo e cariño preparamos un pequeno festival para que as familias poidésedes disfrutar con nós de este día. Esperamos que vos gustara xa que ensaiamos e traballamos moito para que salise o mellor posible.
Cando chegamos á clase, os Unicornios estábamos un pouco nerviosos, pero comezamos a prepararnos e poñernos guapos/as e os nervios desapareceron!!
Nós xa estamos listos (aínda que botando moito de menos a Mateo que non puido vir porque estaba maliño),  e o decorado coa nosa árbore de desexos tamén...agora só falta que cheguen as familias e a disfrutar!

Que ben bailamos e pasámolo en grande vendo tamén as actuacións dos nosos compañeiros/as de Infantil!!!

Despois de tanto esforzo chegou o momento de repoñer forzas, que o temos merecido!



Xa co estómago cheo aínda nos quedaron forzas para seguir bailando e disfrutando da festa!!
A pesar dos nervios foi un día moi divertido e especial.

Os unicornios e as suas profes despídense así ata despois do Nadal, e deséxanvos a todos unhas FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario